NAZONALISMO: UNHA RESPOSTA ANTE A DISOLUZÓN D’A GALIZA.
Fronte á realidade social, política, e espiritual d’a posmodernidade, os pobos que pretendan supera-los tempos que corren deben adoitar unha posizón firme, auténtica e consciente.Coñece o noso manifesto para organizar á minoría nazonalista contra a disoluzón d’a Galiza.
Renova-lo nazonalismo galego. Organizar á minoría identitaria.
Vangarda Nazonalista Galega xorde co’a intenzón de propoñer ós galegos un nazonalismo real, que valore a situazón de hoxe e capaz de responder ante os retos d’a actualidade sen sesgos: a falta de soberanía, a inminente crise económica ou a imigrazón, problemas que todo-los partidos galegos iñoran, ben por interese político ou ben por dogmatismo moral, organizando a esa minoría que, sendo reducida, está chamada a artellar as ideas do mañá.
«A nosa mocidade ten que por-se n’a emozón d’os ourizontes patrios para a gran tarefa de restaura-la Galiza d’outrora, soberán d’os seus destinos, xogando n’a órbita de todo-los pobos, luceiro con luz propia n’a constelazón de toda-las pátreas».
ÁLVARO D’AS CASAS
Os nosos precursores
O Día d’a Pátrea de 1933, Álvaro d’as Casas fundaba por primeira vez a Vangarda Nazonalista Galega.
A organizazón, inspirada pol-as teorías de Vicente Risco, Losada Diéguez ou o propio d’as Casas, naceu como escisión d’o nazonalismo esquerdizado e vendido ós intereses españois que representaba o Partido Galeguista
Hoxe, nós, recollemos ese nome, teorías e legado para solventar as contradizóns d’os partidos «nazonalistas» de hoxe, outra vez convertidos en cipaios d’a esquerda española.
CREAR IDEAS, DIFUNDIR GALIZA
Adicamo-nos á redazón e difusión de ideas, propostas e cultura co’a finalidade de espertar a concienza de sermos galegos n’a nosa contorna. Coñece os nosos artigos ou colabora.
A terra que nos viu nacer. Leva sendo o fogar d’os galegos por milenios, modelando a nosa forma de ser e vivir. Temo-lo dereito e o deber de goberna-la e habita-la. Corresponde-se co’a terra ó norte d’o río Douro e ó leste das terras de Navia.
Tradizón
A Tradizón, confundible co’a Cultura, consiste n’a forma que ten o noso pobo de interactuar c’o mundo: é a cosmovisión, as prácticas e o valor atribuído ó Mundo pola nosa comunidade nazonal. Xunto á Terra e ó Pobo, conforma a NAZÓN, e practica-la é o que nos mantén en contacto co’a beleza e sacralidade.
Pobo
O pobo, o sangue… É dicir, a xente. Os galegos somos aqueles que descenden de galaicos e de suevos, e habita-la nosa Terra por milenios, xera-la nosa propia cultura ou a mesma defensa d’os nosos intereses manifestan o noso dereito a existir.